Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeO PaísA CoruñaSantiago acollerá a primeira edición do Festival Jaleo! en 2025

Santiago acollerá a primeira edición do Festival Jaleo! en 2025

O Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, convertirase no epicentro da música o próximo sábado 5 de abril da man do Festival Jaleo! que realizará a súa primeira edición con artistas nacionais de primeira liña e emerxentes.

O cartel está composto polos seguintes artistas: Viva Suecia, Zahara, Sexy Zebras, Carlos Ares, Dani Dicostas e David Van Bylen. Dende a dirección do festival prometen “ser un punto de encontro para todos os amantes da música e da boa vibra”.

As entradas xa están á venda na páxina web de A Taquilla a un prezo dende 40,70 euros. Os menores de 16 anos teñen permitida a entrada ao recinto mais deberán estar acompañados polo pai, nai ou tutor legal. Pola contra, os maiores de 16 e menores de 18 anos poderán acceder ao recinto sempre e cando non consuman alcol.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS