O Concello de Ponteareas aprobou hoxe no pleno da Corporación o orzamento para o ano 2025. Dende o goberno local afirman que é «equilibrado en gastos e ingresos» e que se incrementa nun 6% situándose nos 20.573.170,33 euros. O Concello asegura que este orzamento ten como obxectivo apostar pola reactivación económica da vila e por políticas sociais.
Dentro das políticas sociais destacan os programas de emprego, a rehabilitación de dúas vivendas sociais e o aumento do 10% para axudas de emexencia social. Ademais, o documento conta coa creación do primeiro espazo Café Calor para emerxencia social. Outras liñas sociais serán os programas de axudas para alugueiro, tanto para a transformación de baixos en vivenda no centro urbano como no rural de vivenda baleira.
Por outra banda, haberá un aumento do investimento no SAF dun 75%, do 50% da partida para área de Cultura e do servizo Xantar na Casa e inxección en iniciativas de promoción do comercio. Entre as novas estruturas estarán a escola infantil, a ludoteca e o mercado de abastos. Tamén están reflexadas con novas rutas para a práctica deportiva e novas infraestruturas para o deporte base.
Para a reactivación económica, o goberno busca apostar pola formación para a inserción laboral, por embelecer a vila e dotala de infraestruturas. Ademais dunha programación de lecer que atraian o interese tanto dos veciños como das persoas de fóra. Entre as medidas contempladas no orzamento está o impulso do solo industrial da Lomba para que as empresas poidan asentarse e medrar en Ponteareas. Tamén sinalan accións de promoción da vila como a solicitude do selo de “mercado de excelencia” que o Concello promoverá para o Mercatea.
No ano 2025 construirase o novo Mercado Municipal Mercatea cun apoio da Xunta de Galicia de 800.000 euros e humanizarase a contorna do Concello cun investimento de 1.130.000 euros. Ademais, contarase cun servizo de poda e mantemento de espazos verdes. Tamén se executarán as obras de mellora da residencia de maiores cunha partida de máis de 900.000 euros.
Máis medidas para o 2025
O goberno local tamén contará con obradoiros duais de emprego que oferten modalidades demandadas polo sector. Tamén desenvolverá un segundo plan xuventude mentoring na empresa e un novo obradoiro de emprego xuvenil e continuará cos programas integrados de emprego.
O orzamento de 2025 contempla un investimento de 400.000 euros para a mellora do cemiterio municipal. Tamén o contrato dun servizo de limpeza de cunetas para maior seguridade na circulación. No rural tamén se mellorará a seguridade coa contratación dun servizo de limpeza de biomasa forestal.
A promoción de hábitos de vida saudables tamén ten un oco no orzamento para o vindiero ano, nesta liña crearánse sendas peonís na contorna da estrada de Fontenla 730.000 euros. Ademais, apostarase pola mellora e posta en valor da Freixa, un espazo de lecer é axeitado para o deporte e pódese adestrar en diferentes disciplinas. Tamén consolídanse as actividades gratuítas de marcha nórdica e manteranse as axudas aos clubs e escola deportivas cunha partida de 200.000 euros.
Por outra banda, renovaranse os convenios con AFAGA, Cruz Vermella e Avelaíña. Estas asociacións traballan con proxectos para previr o Alzheimer, a soedade non desexada e a saúde mental. O orzamento de 2025 contempla obas de melloras nos centros educativos e o desenvolvemento de campamentos de conciliación familiar e laboral. Ademais da potenciación do voluntariado xuvenil e interxeracional e da creación dun programa de actividades de verán para xuventude. Por último, aposta pola realización de obradoiros ao longo de todo o ano que potencien as disciplinas do concurso Talento Xove.