martes, diciembre 3, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui conmemora o Día Mundial da SIDA cunha campaña informativa

Tui conmemora o Día Mundial da SIDA cunha campaña informativa

O Concello de Tui leva a cabo unha campaña informativa con motivo do Día Mundial da loita contra a SIDA que se conmemora este domingo, 1 de decembro. O municipio leva a cabo esta iniciativa a través do Servizo de Prevención das Drogodependencias. Por este motivo colocouse unha pancarta na fachada do edificio Francisco Sánchez, ofrecendo a información á cidadanía sobre a SIDA.

Ademais, realízanse nos institutos de Tui obradoiros para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificando falsas crenzas e mala información. Tamén permitindo aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos. Desta forma fomentan no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecendo formación sobre esta enfermidade.

O Servizo de Prevención das Drogodependencias prepara para esta fin de semana —en colaboración cos locais de ocio nocturno de Tui— o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS