martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsA RaiaVolve a fortaleza de chocolate a Valença

Volve a fortaleza de chocolate a Valença

Valença prepárase para vivir «a maxia e o espírito do Nadal». Así, a programación do municipio raiano comezará o próximo 29 de novembro co acendido das luces e se estenderá ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2025. A administración local deu a coñecer a programación para esta tempada na que se inclúen diversas actividades e atractivos para «todos e a todas».

Así, Valença contará, de novo, cunha das iniciativas máis agardadas como é o caso da Fortaleza de Chocolate. Xunto a ela, súmanse Duendelândia e o Mercado de Nadal. Ademais, os máis pequenos e as máis pequenas poderán desfrutar dos reis cunha Cabalgata internacional e a música está garantida cos concertos de Nadal.

A programación tamén inclúe unha exposición colectiva de beléns, escaparates e compras no comercio tradicional e Noitevella Valença Ola 2025, «que ofrecerán experiencias únicas, moita ledicia para os máis pequenos e maiores, situando a Valença entre os destinos máis interesantes deste Nadal», segundo apuntan desde a Cámara Municipal.

Para o alcalde do Concello, José Manuel Carpinteira, “Valença avanza cun programa que pretende reforzar o posicionamento de Valença como destino navideño preferido, onde todo o mundo pode disfrutar e sentir a maxia especial desta época”.

Fortaleza do Chocolate

Entre o 29 de novembro e o 8 de decembro, a Fortaleza de Valença volve converterse no destino máis doce deste Nadal. Dez días para «encantar e deleitar aos visitantes cunha feira dedicada exclusivamente á degustación e compra de produtos a base de chocolate, con show cooking e animación itinerante«, tal e como explican desde o municipio raiano.

Luces

Será o venres 29 de novembro ás 18 horas, no Xardín Municipal, cando teña lugar a inauguración oficial do acendido artístico. Iluminación que cubrirá a zona histórica e as avenidas centrais da cidade, cun gran árbore multimedia. Valença agarda ofrecer aínda máis novidades, especialmente na zona central da cidade.

Duendelândia

No Xardín Municipal, Duendelândia realizarase os fins de semana do 29 de novembro ao 1, 6 e 8 de decembro, do 13 ao 15 e do 20 ao 22 de decembro. Entre as 14 e as 20 horas «non faltarán momentos para deleitar aos máis pequenos co circuito de cordas, parque de trampolíns, circuito de trens, inchables, minicarrusel, parque para bebés, pintacaritas e a casa de Papá Noel».

Mercado de Nadal

Os produtos navideños serán os grandes protagonistas do «Christmas Market» no Xardín Municipal, os fins de semana do 29 de novembro ao 1 de decembro, do 6 ao 8 de decembro, do 13 ao 15 de decembro e do 20 ao 22 de decembro. Este pretende ser un mercado de tempada para comprar ese detalle navideño ou «simplemente para pasear e disfrutar dun bonito momento con amigos, nun ambiente navideño».

Concertos de Nadal

Para os días 14, 15 e 21 de decembro, están programados os concertos de Nadal da Academia de Música Fortaleza de Valença, da Asociación Musical São Pedro da Torre e do concerto de Nadal Eurocidade.

Belén

Valença volverá acoller o emblemático belén de tamaño natural formado por troncos de madeira e a estrela guía «máis grande de Portugal, unha estrutura de 12 metros de diámetro», segundo explica a Cámara Municipal.

A cidade tamén volverá contar coa tradicional exposición colectiva de beléns, entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro. Unha das maiores novidades deste Nadal valenciano está prevista na Praça da República, da Fortaleza, cunha nova figura que non deixará indiferente a ninguén.

Noitevella – Valença Ola 2025

Pola súa banda, volven as festas de Noitevella que se celebrarán no Xardín Municipal, cunha noite chea de luz, cor, moita música e animación. O municipio raiano indica que «esta é unha fermosa oportunidade para pasar esta data festiva na nosa terra e en compañía de amigos e familiares».

Cabalgata internacional de Reis

O domingo 5 de xaneiro, ás 16 horas, Valença acollerá a saída da Cabalgata internacional de Reis, que percorrerá as avenidas centrais de Valença, cara á Ponte Centenária e de alí ata o Paseo da Corredoira, en Tui.

‘Escaparate de Nadal’

A Cámara Municipal indica que «esta tempada navideña aporta aínda máis brillo e cor ao noso comercio tradicional co concurso Valença é Nadal, que entregará varios premios a quen nos visiten».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS