martes, noviembre 12, 2024
InicioNewsComarcasVigo pon en marcha un servizo especial de bus urbano para asisitir...

Vigo pon en marcha un servizo especial de bus urbano para asisitir aos partidos das Celtas

Os afeccionados e as afeccionadas do fútbol contarán cun novo servizo especial na cidade de Vigo. E é que o vindeiro sábado 2 de novembro “poremos un servizo especial de autobuses para facilitar o traslado” ata A Madroa dos afeccionados que acudirán ao encontro das Celtas, segundo anunciou o alcalde Abel Caballero. O partido enfronta ás viguesas ante o Victoria Fútbol Club de Santiago de Compostela.

Este servizo, en fase de probas, permitirá detectar a demanda real e facer as modificación precisas para optimizar a operativa e a administración local indcia que «o obxectivo principal é mellorar a conectividade os días de partido con rutas directas de ida e volta ao estadio da Cidade Deportiva da Madroa e horarios adaptados, proporcionando unha alternativa cómoda e eficiente para a afección celeste».

O servizo dará comezo o sábado ás 15:13h horas desde a rúa Teixugueiras, á altura do número 29, e percorrerá os seguintes puntos: Limpiño – VG20 – Porriño – Baiona – Avd. Castelao – Coruña – Torrecedeira – Gaiteiro Ricardo Portela – Beiramar – Cánovas del Castillo – Policarpo Sanz – Urzáiz – Travesía de Vigo – Jenaro de la Fuente – Avd. Aeroporto – San Cristovo – Subida a Madroa – Camiño da Devesa – A Madroa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS