martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasSalceda subvenciona con máis de 126.000 euros aos seus colectivos

Salceda subvenciona con máis de 126.000 euros aos seus colectivos

O Concello de Salceda de Caselas vén de asinar os convenios cos 32 colectivos que contan con subvención nominativa nos Orzamentos Municipais

O Concello de Salceda de Caselas vén de asinar os convenios cos 32 colectivos que contan con subvención nominativa nos Orzamentos Municipais. Así mesmo, o importe total é de 126.751,40 euros e as axudas repártense entre entidades de diferentes ámbitos. Para asociacións culturais destinan 35.800 euros entre as 18 existentes e 6 clubs deportivos terán un importe de 65.051,40 euros. Ás dúas entidades de benestar social destinarán 18.000 euros e aos tres centros de ensino un total de 4.600 euros. A asociación de comerciantes, a agrupación de voluntarios de Protección Civil e a asociación ecoloxista rebirán 900, 1.500 e 900 euros respectivamente.

“Temos o privilexio de contar con unha sociedade activa da que nos sentimos moi orgullosas e que contribúe a que Salceda teña unha programación rica e variada ao longo de todo o ano. Este ano puxemos en marcha a plataforma Salceda Móvese que contribúe na difusión de todas estas actividades, e que está a ser un éxito”, afirma Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas.

Por outra banda, Alex Rodríguez, o concelleiro de Facenda, afirma que “O asociacionismo do noso Concello é un valor importante para este goberno polo que todo esforzo económico neste eido está máis que xustificado. Os nosos colectivos saben que, ademais destas axudas, a colaboración é en tódolos eidos e ao longo de todo ano para levar a cabo as súas actividades”.

Desglose no eido cultural, deportivo e educativo

O Concello contribúe deste xeito co asociacionismo nos seus diferentes ámbitos. Así, no eido cultural subvenciónanse os diferentes centros culturais das parroquias con 900 euros e os dous coros do municipio con 700 euros. Tamén o entroido centenario de Castro Barreiro e A Feira recibirá 1.600 euros e as asociacións veciñais contarán con 400 euros. Ademais, a Asociación de Amigos da Música recibe a maior axuda no eido cultural. A agrupación que engloba a escola de música e as diferentes bandas ten un importe de 22.000 euros.

No caso do deporte subvenciónase ao Caselas FC con 18.000 euros, ás Escolas Deportivas de Salceda con 22.551,40 euros e á Escola Deportiva Denis Suárez con 15.000 euros. Ademais, os clubs de balonmán e baloncesto Caselas reciben 4.550 euros e o Club Ciclista Aragonta 400 euros.

Por outra banda, os centros de ensino público reciben tamén axuda do Concello para a realización das súas actividades complementarias. Neste caso son o CRA Raíña Aragonta con 1.000 euros, o CEP Altamira con 1.200 euros e o IES Pedras Rubias con 2.400 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS