O porriñés Claudio Giráldez continuará sendo o adestrador do primeiro equipo do RC Celta ata o 2027. Así o vén de comunicar o propio club a través dunha nota de prensa na que apuna que “afiánzase o camiño que recorre da man da afeción coa renovación do adestrador ata xuño de 2027”
Apuntan desde o Celta que “é un técnico xove, formado na casa, e no que o club confiou no tramo final da pasada tempada”. Agora, liderará o proxecto dous anos máis.
Co porriñés de adestrador do primeiro equipo do Celta, disputáronse 19 partidos na Liga dos que acumulou 9 victorias e tres empates, conseguindo unha media de 1,58 puntos por encontro.
Neste contexto, o RC Celta indica que “con esta renovación o club potencia o seu proxecto, reforza o crecemento da súa canteira e proporciona ao celtismo unha proposta futbolística propia, alegre, ambiciosa e gran vistosidade“.
Xunto á Claudio Giráldez, renova tamén a totalidade dos actuais integrantes do corpo técnico.

