HomeNewsO PaísConta atrás para que comece unha nova edición de Allariz de Medo...

Conta atrás para que comece unha nova edición de Allariz de Medo con procesión de Santa Compaña e cea de “difuntiños”

Comeza a conta atrás para que comece unha nova edición de Allariz de Medo na que haberá, entre outras cuestións, unha procesión da Santa Compaña e ata unha cea con “difuntiños”.

O evento terá lugar do 31 de outubro ata o 3 de novembro. Durante estes días, reinará o ambiente misterioso e as actividades que combinan a tradición do Samaín co entretemento para todas as idades, segundo apuntan desde o Concello.

Na presentación que tivo lugar este mércores, a alcaldesa Cristina Cid e a concelleira María López deron a coñecer a programación completa. Así, esde o 31 de outubro ata o domingo 3 de novembro haberá un percorrido con diferentes escenas nas que ánimas, esqueletos e druídas transportarán aos veciños e as veciñas así como as persoas que se acheguen ata este municipio da provincia de Ourense á festividade do Samaín e ao “mundo dos defuntos”.

Programación completa

Xoves 31 de outubro:
18:30h: Cea “De cea cos defuntiños”, contacontos para os máis pequenos, xunto con Iseo A Moura. Praza de Abaixo
20:00h: Procesión da Santa Compaña dende a Praza Maior. Silvardeiras Teatro
23:30h: DJ Apocalipsis pechará a noite cunha sesión de música

Venres 1 de novembro:
20:00h: Procesión da Santa Compaña dende a Praza Maior. Silvardeiras Teatro

Sábado 2 de novembro:
16:30h e 18:00h: Obradoiro de candis en A Paneira (90 min por quenda). É preciso inscribirse a través dun formulario que está dispoñible neste enlace.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS