martes, noviembre 12, 2024
InicioNewsActualidadeXa están dispoñibles os modelos de exame de acceso á universidade de...

Xa están dispoñibles os modelos de exame de acceso á universidade de Galicia

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse este venres cos representantes da Comisión Interuniversitaria (CIUG), para avaliar o desenvolvemento da Proba de Acceso á Universidade (PAU) que estrea formato en 2025, fixada para os días 4, 5 e 6 de xuño.

O titular de Educación do Goberno galego gabou “o intenso traballo” desenvolvido pola CIUG nos últimos meses, o que posibilitou que Galicia sexa a única comunidade autónoma que xa coñeza desde o pasado verán os modelos e a estrutura.

“En Galicia temos os deberes feitos desde agosto coa publicación dos modelos en prazo, tempo e forma”, explicou o conselleiro logo da xuntanza na que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e na que participaron como representantes da CIUG María Teresa Flores pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedro Armas pola da Coruña e Iván Area pola de Vigo.

Así pois, o traballo realizado ata o momento permite aos docentes e aos estudantes abordar o curso de 2º de Bacharelato desde o principio coas normas claras no que atinxe aos contidos académicos e poder presentarse con tranquilidade á PAU.

Román Rodríguez expresou que a liña aberta por Galicia é un «traballo recoñecido a nivel estatal ata o punto de que foi compartida por outras comunidades autónomas e mesmo avalado pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), polo que a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades entre todos os estudantes independentemente de onde vivan estase abrindo camiño no resto dos territorios pese á inoperancia do Ministerio neste asunto».

Podes consultar os modelos de exame das asignaturas neste enlace.

Coordinación e sinerxías

Neste senso, explicou que o reto é, sempre dentro do marco legal, “buscar sinerxías e converxencias” cunha proba “o máis homoxénea posible” en canto a datas, contidos, estrutura dos exames e criterios de avaliación, que permita acabar coas desigualdades que se estaban dando ata o momento nun sistema que funciona como distrito universitario único “pero con 17 portas de entrada diferentes”.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia leva meses coordinándose coas tres universidades públicas galegas, a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia, e con outras 11 comunidades que gobernan en conxunto para o 70% do alumnado para establecer un sistema o máis homoxéneo posible, un traballo que lle correspondería ao Goberno do Estado. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS