sábado, mayo 31, 2025
InicioNewsActualidadeSanxenxo retira o cadáver da balea que trouxo o temporal a Pampaído

Sanxenxo retira o cadáver da balea que trouxo o temporal a Pampaído

Efectivos da Consellería de Medio Ambiente e do Concello de Sanxenxo, tras catro horas de traballo, retiraron durante esta xornada a balea varada que trouxo o temporal Kirk ata a praia de Pampaído. A empresa ribeirense Transbeyno encargouse de realizar a tarefa de partir en anacos o cetáceo que contaba con 15 toneladas e 18 metros de longo.

Pola súa banda, a administración local explica que esta operación tivo un custe de 3.000 euros para as arcas municipais.

A balea corresponde a un exemplar femia de, aproximadamente, 15 toneladas e 18 metros de longo e o seu cadáver foi trasladado nun camión que puxo a disposición a Consellería de Medio Ambiente cara unha planta de residuos especiais.

O Concello tivo coñecemento da existencia da balea nas proximidades da costa de Sanxenxo o pasado sábado e comunicoullo a Salvamento Marítimo ante o risco dun accidente cunha embarcación. Finalmente, o temporal arrastrou o cetáceo a terra, en avanzado estado de descomposición e provocando un forte cheiro perceptible desde metros de distancia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS