O Concello de Salvaterra de Miño organiza o Roteiro Nocturno de Samaín, un ano máis. Trátase dunha data moi esperada polos veciños e polas veciñas e que neste 2024 celebrarase o xoves 31 de outubro.
Desde a noite ata a madrugada, haberá unha «noite terrorífica» para nenos e para nenas que teñan máis de 11 anos así como as persoas adultas. As inscricións comezan o luns 16 de outubro e o único requisito para participar é aportar un produto de hixiene ou non perecedoiro para o banco de alimentos.
A administración local aconsella a todos aqueles que queiran participar que veñan
caracterizados xa que esa noite Salvaterra de Miño agochará moitas sorpresas e sustos
nun percorrido que comezará na Praza do Concello e rematará no Campo de Fútbol do Casal. Ó chegar os participantes poderán tomar un chocolate quente.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a saída será ás 20:00 horas e farase escalonada en grupos organizados que deberán seguir as indicacións do percorrido para chegar o final do roteiro.
Inscrición
O prazo de inscrición comeza o mércores 16 e remata o domingo 27 de outubro, ou ata cubrir as prazas, e realizarase a través da web enlace ao que tamén se pode acceder escaneando o QR.
O único requisito para participar será que cada participante deberá traer consigo un produto de hixiene ou produto non perecedoiro para o banco de alimentos do Concello.