jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeManifestacións en toda Galicia para condear o crime machista de Moaña

Manifestacións en toda Galicia para condear o crime machista de Moaña

A Marcha Mundial das Mulleres convoca para este luns manifestacións ao longo da comunidade galega para condear o asasinato da veciña de Salcedo, en Pontevedra, falecida esta fin de semana en Domaio, Moaña.

A causa do seu asasinato está detida a súa parella (A.C.T), un home de 47 anos de idade, veciño de Moaña e con antecedentes por violencia machista.

Segundo fontes cercanas á investigación, todo apunta a que foi él quen causou o accidente do coche que conducía coa muller dentro e que se precipitou ao mar logo de acelerar fortemente polo paseo de Domaio.

A Garda Civil continúa investigando a causa exacta da morte da muller.

Deste xeito, a Marcha Mundial das Mulleres ten convocadas ata 14 manifestacións en repulsa deste crime de violencia machista nos municipios da Coruña, A Guarda, As Pontes, Betanzos, Compostela, Ferrol, O Porriño, O Rosal, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Ribadavia, Vigo, e Vilalba a partir das 20:00h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS