sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasMos avanza na erradicación do amianto

Mos avanza na erradicación do amianto

O proceso, que implica gran complexidade e un considerable custo económico tanto na retirada do material como na súa reciclaxe, foi iniciado en 2023 e avanzará nas fases de retirada durante o vindeiro 2025

O Concello de Mos contratará durante o primeiro semestre de 2025 un censo para detectar posibles instalacións municipais con amianto e proceder así á súa retirada. O obxectivo é protexer a saúde de usuarios e traballadores. Segundo explicaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Coordinación xeral, Contratación, Patrimonio e Emerxencias, Leo Costas, este proceso foi iniciado en 2023. Ademais, o proxecto continuou avanzando durante o presente ano 2024.

O procedemento comezou no 2023 ante a iniciativa municipal, dende o departamento de Medio Ambiente, para adaptarse á Lei 7/2022. Así, a enxeñeira municipal iniciou unha serie de traballos previos para que a administración local se adapte á normativa. Esta adaptación ten de pazo para rematar aínda ata 2028 e entre estes traballos previos está o procedemento de contratación dun censo de amianto. Ademais, priorizouse a retirada do amianto nos centros educativos e xa se atopa eliminado o devandito material nestes espazos do municipio.

Os pasos dados neste senso durante o presente ano 2024 foron de xestión e busca de empresas que poidan realizar tanto o inventario como a retirada do amianto. Tras varias xuntanzas e diversos orzamentos solicitados, o edil de contratación estima que o custe pode ascender a uns 6.000 euros. Pola súa banda, as tarefas de retirada e reciclaxe son bastante máis custosas, puidendo acadar o 14% do importe motante total dunha obra.

A maiores e dun xeito xa inminente, posto que a obra comezará neste mesmo mes de outubro, o Concello realizará o desamiantado dunha gran parte do edificio base do Servizo Municipal de Emerxencias, grazas á obra de mellora da cuberta que conta con subvención autonómica. Deste xeito desamiantarase o 70% do tellado da edificación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS