A Coral Polifónica Ventos do Val, organiza unha vez máis, como ven facendo xa dende fai 24 anos, o seu concerto “Cultural do outono”. A actuación celebrase o sábado día 5 de outubro ás 18.30 horas, no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. A entrada o concerto é libre gratuíta para todas aquelas persoas que desexan asistir. Neste evento musical participarán, ademais da anfitriona, a Coral Polifónica Agarimo de Torneiros (O Porriño), Coral Polifónica EUMESA de Pontedeume (A Coruña).
Este concerto é entendido polos membros da Coral organizadora como un Intercambio Cultural entre corais, pero tamén como un xeito de achegar a cultura na vertente do canto coral a tódolos cidadáns. Neste vindeiro concerto a Coral Polifónica Ventos do Val de Petelos interpretará un repertorio composto de cinco cancións , populares Galegas, Habaneras, Xotas, Boleros, e Zarzuelas.
A Coral Polifónica Ventos do Val, fundase en Petelos Mos no ano 2000 e actualmente está composta por 34 voces mixtas. Trátase dunha Coral consolidada e ben apuntada, con 24 anos de actuacións ás súas costas, conta cunha base solida que se consegue, entre outros esforzos, con catro horas de ensaio semanais. As sesións son sempre vespertinas, ó redor das 21.00 horas, e distribúense entre os martes e os venres.