martes, octubre 15, 2024
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza renova o contrato de explotación do Parque-Balneario das Augas Férreas

A Cañiza renova o contrato de explotación do Parque-Balneario das Augas Férreas

O pasado 29 de agosto o Alcalde Luis Piña e José Ramón Méndez Osorio, propietario deste gran espazo natural, renovaron o acordo suscrito o 6 de agosto de 2020

O Parque-Balneario das Augas Férreas trátase dunha superficie de 15.500 m2 cun frondoso bosque autóctono, que o Concello acondicionou e dotou de mobiliario urbano para mellorar a calidade do parque.

Este espazo, situado a 1Km escaso do casco urbano, conta tamén cun edificio central de utilización pública. Ao seu carón o Concello, leva celebrando espectáculos e concertos musicáis así como actividades de ocio durante todo o ano.

Este lugar tranquilo, saudable e con identidade ten unha longa historia ligada ao antigo Balnerario das Augas Férras .

A Cañiza conta cunha altitude ideal, en torno aos 500 – 600 m., un clima sen humidade e unha temperatura media de 8º que é excepcional para o tratamento e curación das enfermidades asmáticas.  No 1860, cañicenses e visitantes sobre todo de Vigo acudían a tomar “os Aires e tamén a beber as súas augas” no Balneario que existía neste mesmo emprazamento e que desapareceu nos anos 30 do século XX, quizáis pola súa proximidade aos Balnearios de Mondariz e de Cortegada que non o facían sustentábel.

«Dende o ano 2020, grazas á sinatura do 1º Convenio, estamos recuperando este espazo natural, outorgándolle unha nova utilidade como lugar de recreo e esparcemento» afirmana o alcalde do municipio.

Luis Piña agradeceu unha vez máis a xenerosidade de José Manuel Méndez por ter cedido gratuitamente por outros 4 anos, ata 2028, o uso deste enclave senlleiro da Cañiza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS