domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsActualidadeNigrán abre o plazo de licitación do "Bosque-Escola" do CEIP Carlos Casares...

Nigrán abre o plazo de licitación do «Bosque-Escola» do CEIP Carlos Casares e ultima a do CEIP da Cruz

Ambos proxectos pertencen ao arquitecto ideólogo do ‘Sistema Lupo’, unha ferramenta didáctica que busca a aprendizaxe a través do xogo

O Concello de Nigrán ven de sacar a licitación a transformación do patio do CEIP Carlos Casares nun auténtico bosques-escola. As empresas interesadas dispoñen ata o 26 de setembro para presentar as súas ofertas. Pola súa banda, as do CEIP de Cruz tamén sairán a licitación nas vindeiras semanas.

O arquitecto Fermín González, ideólogo do sistema pedagóxico Lupo e do programa ‘Mestre de Obra’, de referencia en toda Galicia ao defender a natureza e o xogo como o mellor método de aprendizaxe, é o artífice dos proxectos de ambos centros.

Dende o Concello traslandan que a realidade é que grazas a estas dúas actuacións, Nigrán pasará a ser unha localidade de referencia en España ao poder mesturar nestes dous colexios públicos a ensinanza convencional e os métodos educativos alternativos das ‘escolas-bosque’.

As actuacións pretenden ser innovadoras e «dar un salto de calidade» no sistema educativo da comarca

No caso do CEIP Carlos Casares explica Fermín González que, «o proxecto busca crear un bosque totalmente natural sen que se note que hai un traballo de deseño previo detrás, o obxectivo é que dé a sensación de que estás nun lugar que sempre foi así».

Pola súa banda, a intervención no CEIP da Cruz está pendente de licitación, mais o rexedor da localidade salientaba que «é un proxecto único polo propio enclave do colexio. Ata hai pouco, que estivese situado no medio do monte víase como algo negativo, agora esa circunstancia descubrirase como unha oportunidade marabillosa».

O movemento ‘Escolas Bosque’ é moi recente en España, pero ten décadas de historia en países nórdicos ou o Reino Unido. Trátase dun modelo de educación ao aire libre no que os estudantes visitan espazos naturais para aprender habilidades persoais, sociais e técnicas.

“Sería un gran salto de calidade para o sistema educativo de toda a comarca poder mesturar neste colexio de Vilariño a ensinanza convencional cos métodos alternativos do Bosque-Escola, por iso desde o Concello defendemos este proxecto”, resume González.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS