sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsComarcasContinúan as actividades de lecer no antigo Matadoiro de Gondomar

Continúan as actividades de lecer no antigo Matadoiro de Gondomar

As instalación gondomareñas, que acolleron diferentes iniciativas durante o verán, volven a celebrar accións abertas ao público no mes de setembro

Nos meses de verano, o antigo Matadoiro de Gondomar foi o escenario dunha mestura de artes, o teatro e a cociña, cun»Showcooking» e un «Karaoke a Micro Aberto», onde públicos de todas as edades puideron cantar un amplo repertorio de cancións. Neste setembro, estas instalación volverán a acoller actividades de lecer para todo o municipio.

Mañá, venres 6 de setembro, a partir das 21.30 horas será o turno do teatro coa obra “Forestas” de “Non si? Teatro”. Neste espectáculo poderase disfrutar de escenas dos bosques de William Shakespeare e Federico García Lorca. A versión e a dirección estivo a cargo de Mónica Sueiro. En relación con esta disciplina artística, o concello de Gondomar abre o prazo de inscrición das aulas de adultos e de mozos da súa Escola Municipal de Teatro. As clases darán comezo o próximo martes e a inscrición deberá realizarse no rexistro do concello, presencialmente ou a través da sede electrónica.

O próximo venres, 13 de setembro, tras o éxito da primeira edición en xullo, a partir das 22.00 horas estará dispoñible participar no “Karaoke Clandestino”. “Atrévete a subirte ao escenario e cantar os clásicos musicais de todos os tempos”, animan dende a organización, a Asociación Verbos de Acción.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS