domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsActualidadeOs campamentos de conciliación do Concello de Ponteareas ofertaron 360 servizos

Os campamentos de conciliación do Concello de Ponteareas ofertaron 360 servizos

No auditorio municipal celebraron a festa de fin de verán cun espectáculo de maxia

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas celebrou a festa de fin verán dos campamentos de conciliación do Concello de Ponteareas, Tea Urbano e Rural Tea.

A alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, entregaron aos nenos e nenas camisetas e gorras de Ponteareas xusto antes de comezar a diversión co espectáculo “Maxia tola e lectora” de Leo Leíño.

Entre os dous campamentos o Concello ofertou 360 servizos organizados para dar apoio ás familias e ofertar un tempo de verán de calidade. Repartidos en quendas quincenais dende o 1 de xullo ao 30 de agosto as familias atoparon un servizo no que as súas fillas e fillos aprenderon xogando, coñeceron a contorna e se achegaron ao patrimonio cultural e histórico acompañados das súas monitoras e monitores.

Para evitar desprazamentos, facilitar a conciliación e ofertar servizos no rural, as parroquias de Bugarín, Prado, Angoares e Guláns acolleron nos seus centros culturais os campamentos nos que as cativas e cativos tamén puideron relacionarse coas veciñas e veciños e realizar xuntos excursións.

Os campamentos de conciliación do Concello de Ponteareas son un dos recursos do que dispoñen as familias xunto ás aulas matinais e tardías que oferta o Concello para a tempada escolar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS