domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsComarcas"Danzas Gulansesas" de Rogelio Groba estréase esta semana no XII Festival Groba...

«Danzas Gulansesas» de Rogelio Groba estréase esta semana no XII Festival Groba en Ponteareas

Mañá a partir das 21.00 horas o público poderá gozar dun programa variado que comezará coa Serenata para cordas op. 8 de Ludwig van Beethoven, interpretada por un trío de renomeados músicos

A XII edición do Festival Groba continúa a súa programación esta semana con dous concertos excepcionais que se levarán a cabo mañá e o xoves con entrada libre e de balde. Estes eventos non só destacarán pola calidade artística dos intérpretes, senón tamén polo estreo da obra «Danzas Gulansesas» do mestre Rogelio Groba, unha suite étnica para cordas na que poderemos recoñecer o son dunha terra que se recoñece, se reafirma e ama na súa beleza musical.

Na próxima xornada, a partir das 21.00 horas, o público poderá gozar dun programa variado que comezará coa Serenata para cordas op. 8 de Ludwig van Beethoven, interpretada por un trío de renomeados músicos: a violinista ucraína Diana Tishchenko, a violista canadense Sarah McElravy e o violoncellista Bruno Phillippe. A continuación, o Cuarteto Hana xunto co pianista israelí Itamar Golan ofrecerán unha interpretación do Quinteto para piano e cordas en sol menor op. 57 de Dmitri Shostakovich, unha obra mestra do repertorio camerístico do século XX.

O xoves no mesmo horario, O concerto será especialmente significativo, xa que incluirá o estreo da obra «Danzas Gulansesas» de Rogelio Groba. Este concerto estará a cargo da Orquestra de Cámara Galega, baixo a batuta de Rogelio Groba Otero. Ademais do estreo, a orquestra interpretará a Suite para orquestra de Leoš Janáček e a obra Polas rúas de Ponteareas, tamén do mestre Groba.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS