O recorrido do tren ofrece unha oportunidade única de visitar o municipio
Dende fai máis dun mes, no marco da Festa da Langosta, comezou a funcionar o tren turístico do Concello da Guarda. A ruta foi modificándose en función da programación da vila, pero sempre co obxectivo de que os turistas puidesen visitar A Guarda da mellor maneira.
O percorrido do tren permite contemplar a paisaxe e o patrimonio do municipio dunha maneira única, incluíndo as vistas dende o monte Santa Trega ata o porto guardés. A súa
duración estimada é de 1 hora e 15 minutos.
Por unha banda, as saídas realízanse na rúa Rosalía de Castro en horario de mañá ás 10:30, 11:45 e 13:00 horas, e pola tarde ás 16:15, 17:45 e 19:15 horas, mais fan sempre unha parada previa no Porto da Guarda.
Xa na cima do monte Santa Tegra, o tren realiza unha parada para que os pasaxeiros e pasaxeiras poidan desfrutar das vistas ou se queren poidan visitar o MASAT. Finalmente, o tren comezará a baixada nos horarios de 11:00, 12:15 e 13:30 horas da mañá e pola tarde
ás 17:00, 18:30 e 20:00 horas.
O prezo para os adultos é de 6€, mentres que os residentes guardeses e os nenos (6-14 anos) pagan a taxa reducida de 3€. O prezo inclúe o acceso ao monte e a visita ao MASAT.

