jueves, julio 18, 2024
InicioNewsActualidadeLaureano Oubiña será indemnizado por ver vulnerado o seu dereito á intimidade...

Laureano Oubiña será indemnizado por ver vulnerado o seu dereito á intimidade nunha escena sexual da serie ‘Fariña’

A Audiencia Provincial de Pontevedra entende que non está xustificada “pola liberdade creativa innegable dos creadores e produtores” e ordea retirar da serie "a escena de sexo explícito referida"

A sección terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu parcialmente a demanda formulada por Laureano Oubiña sobre vulneración do dereito á honra fronte a Atresmedia, Bambú Producciones e Netflix International pola serie Fariña. Así, impúxolles o pagamento dunha indemnización conxunta ao demandante, que reclamaba 1,5 millóns, de 15.000 euros.

Desta forma, acolleu parte do recurso de apelación formulado contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vilagarcía de Arousa e declarou que as entidades codemandadas vulneraron o dereito á intimidade persoal de Laureano Oubiña unicamente na escena de contido sexual coa súa falecida segunda esposa contida ao comezo do primeiro capítulo, pois entende que non está xustificada “pola liberdade creativa innegable dos creadores e produtores da serie”. O tribunal, polo tanto, condenou ás codemandadas a cesar na devandita intromisión, retirando da serie “a escena de sexo explícito referida, suprimindo tales concretas imaxes e escena en todas as plataformas de Antena 3 e da súa web, desde a firmeza desta resolución e no futuro”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES