jueves, julio 18, 2024
InicioO PaísPontevedraMáis de 3 millóns de euros para deporte, igualdade e investimentos en...

Máis de 3 millóns de euros para deporte, igualdade e investimentos en concellos de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra deu conta do aprobado na última Xunta de Goberno

López enumerou e concretou as inversión: 30.000 euros na adxudicación das visitas guiadas á Finca do Areeiro, organizaranse un máximo de 132 gratuítas para a cidadanía; 160.000 euros para melloras en infraestruturas e equipamentos deportivos (70.000 euros para construír unha pista de pump truck en Nigrán e 90.000 euros para a reforma da cuberta e fachada dun pavillón en Tomiño); 325.000 euros para a organización de obradoiros de igualdade “Máis Xuntas” e preto de 2,4 millóns de euros ao abeiro do Plan +Provincia para que nove concellos da provincia impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente.
Escoitamos ao presidente provincial na rolda de prensa ofrecida este venres, na que tamén deu conta da ampliación proxecto Erasmus+ de prácticas por Europa, do que participan 39 centros educativos, que pasa dos 15 ao 24 meses, rematando o 31 de maio de 2025.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES