O 112 Galicia tivo constancia do incidente pasados dez minutos das 11 horas tras un aviso dun particular. Segundo a información facilitada aos xestores, a persoa atopábase atrapada e aparentemente sen signos vitais. O accidente produciuse no lugar Galisteo, situado na parroquia de Mañufe, en Gondomar (Pontevedra).
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Porriño.
Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia encargáronse de liberar á vítima, mentras que, desafortunadamente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Convén sinalar que para prestar apoio aos efectivos de intervención, desde o 112 Galicia avisouse tamén aos membros do GES de Val Miñor, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Val Miñor.