miércoles, mayo 8, 2024
InicioNewsO PaísIncremento da vixilancia da tose ferina ante o aumento de casos

Incremento da vixilancia da tose ferina ante o aumento de casos

Neste 2024 confirmáronse 241 de tose ferina en Galicia. O incremento non é exclusivo da nosa comunidade, dase en máis territorios.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade incrementou a vixilancia epidemiolóxica sobre a tose ferina ante o incremento de casos.

A maior concentración de casos dáse en idades escolares, sobre todo na franxa de 10-14 anos, e teñen carácter leve, sen ningún ingreso nesta poboación.

Anteriormente, os menores de 1 ano eran o colectivo onde se detectaban máis casos, e agora agrupan menos do 5%. Estes menores de 1 ano son o grupo de idade máis vulnerable, onde se debe priorizar a vixilancia, porque é onde se poden producir as infeccións máis graves e con complicacións, sobre todo nos primeiros meses.

A vacinación, a medida máis efectiva para previr a enfermidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES