jueves, abril 18, 2024
InicioNewsActualidadeA operación saída de Semana Santa rexistra 37 sinistros nas estradas galegas

A operación saída de Semana Santa rexistra 37 sinistros nas estradas galegas

Desde as 15.00 horas do venres, 22 de marzo ata as 23.59 horas do domingo, 24 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 45 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 41 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.

A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 68 % e do 32 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30 % dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 16 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES