miércoles, mayo 1, 2024
InicioActualidadeDeportesDeporte e reciclaxe danse a man en Galicia

Deporte e reciclaxe danse a man en Galicia

A Xunta de Galicia salienta o compromiso e o intenso labor que realizan os clubs do deporte galego a prol da reciclaxe e da concienciación social neste eido mediante a súa colaboración en campañas como Somos especiais, reciclamos, á que se adheriu este mércores o Racing Club de Ferrol

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, destacou a importancia de fomentar a reciclaxe nas instalacións deportivas e puxo en valor este tipo de accións que promoven o compromiso co medio ambiente do conxunto da cidadanía.

A campaña Somos especiais, reciclamos forma parte do acordo de colaboración entre a
Xunta e Ecoembes co fin de impulsar a economía circular en Galicia e sensibilizar a
sociedade galega sobre a importancia de reciclar. Neste sentido, o Executivo galego
realizou anteriormente accións formativas e de limpeza en materia de recollida con outros
clubs deportivos galegos como o RC Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo, o Liceo de
hóckey a patíns, o Santiago Futsal ou o Leyma Coruña de baloncesto.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES