jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsComarcasO comercio porriñés saca á rúa os stocks de inverno

O comercio porriñés saca á rúa os stocks de inverno

Celébrase a vindeira fin de semana unha nova edición da feira de oportunidades Merca na rúa

O evento celebrarase o venres 15 e o sábado 16 de marzo. “Instalaranse 29 postos de venta na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. Calzado, óptica, moda infantil e de adulto, mercería a accesorios…serán algún dos artigos que poderás atopar con descontos de ata o 80%”, explicou Juana Pérez, presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR)
O venres estará aberto en horario ininterrompido de 10.00 a 21.00 horas, e de 17.00 a 19.00 horas haberá inchables e obradoiros infantís para que os máis pequenos poidan desfrutar mentres os maiores fan as súas compras. O sábado, os postos abrirá en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES