domingo, abril 28, 2024
InicioNewsActualidadeAscenden a dez as persoas falecidas no incendio de Valencia

Ascenden a dez as persoas falecidas no incendio de Valencia

O tráxico suceso produciuse na tarde do xoves, cando o lume iniciado nun piso propagouse rapidamente por dous bloques de 138 vivendas da avenida Maestro Rodrigo, no barrio de Campanar, deixando sen fogar a máis de 400 persoas

Catros dos falecidos eran membros dunha mesma familia, un matrimonio e os seus dous fillos pequenos, un deles recén nacido, segundo confirmaron fontes municipais.

Dada a magnitude do lume e a gravidade dos danos, os bombeiros declaraban que era case imposible que houbera superviventes.

A prioridade centrouse en atopar as vítimas. Cara ao mediodía deste venres, un equipo de bombeiros e da policía científica comezaron a entrar no edificio, totalmente calcinado, para levar a cabo unha primeira inspección ocular. A media tarde informábase da localización dos nove corpos sen vida, non descartando a existencia de máis unha vez se levanten os escombros.

Este sábado a Delegación do Goberno da Comunidade Valenciana informou que a cifra oficial de falecidos é de dez, esperando que non se incremente o dato xa que coincide co número de persoas que estaban consideradas como ilocalizables.

Os servicios de emerxencia atenderon a un total de 15 persoas, sete delas bombeiros, todas xa fóra de perigo.

Aínda que non se coñecen as causas exactas que orixinaron o incendio, o máis virulento de toda a historia na cidade de Valencia, distintas fontes apuntan a unha posible orixe eléctrica, atribuíndoselle a rápida propagación das chamas a algún tipo de material illante ou aos adhesivos, altamente inflamables, presentes na fachada do edificio que albergaba 138 vivendas. O forte vento tamén foi determinante.

O xulgado de garda de Valencia abre dilixencias polo incendio e decreta o secreto das actuacións.

O Concello de Valencia decretou tres días de loito.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES