sábado, mayo 18, 2024
InicioNewsActualidadeGalicia inicia 2024 coa cifra de paro máis baixa nun xaneiro desde...

Galicia inicia 2024 coa cifra de paro máis baixa nun xaneiro desde hai 28 anos

E é a segunda comunidade na que máis descende na evolución anual

Galicia comeza 2024 con 131.101 persoas en paro: a cifra máis baixa nun xaneiro desde que hai rexistros, é dicir, desde hai 28 anos (1996). Así o destacou hoxe a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na valoración que fixo en Ourense do paro rexistrado e das cifras de afiliacións á Seguridade Social que se publicaron esta mañá de venres.

A baixada reflectida na evolución anual (-9,62%) sitúa a Galicia como a segunda comunidade autónoma na que máis caeu o paro. Galicia conta con 13.947 persoas menos en situación de desemprego que en xaneiro de 2023. A caída reflectida tivo lugar nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a industria (-14,23%), seguido da construción (-12,22%)

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES