lunes, mayo 20, 2024
InicioA terraA nosa culturaO Sinsal será do 26 ao 28 de xullo na illa de...

O Sinsal será do 26 ao 28 de xullo na illa de San Simón

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrará a súa nova edición na illa de San Simón os días 26, 27 e 28 de xullo. O evento cultural do cartel secreto, que o público só descubre ao desembarcar, volverá ofrecer unha programación caracterizada pola diversidade de estilos musicais e orixes das máis de 20 bandas e solistas que convivirán no corazón da Ría de Vigo a última fin de semana de xullo.
Este ano haberá cinco escenarios distribuídos polo arquipélago, no que se ampliarán tamén os puntos de visita do itinerario ‘Descubre San Simón’

Recoñecementos
O Sinsal segue a sumar recoñecementos. Se o ano pasado nos Iberian Festival Awards acadou o galardón ‘Best Contribution to Equality’, que o sitúa como o evento máis relevante en España pola súa Contribución á igualdade; esta mesma semana recibiu a notificación de que é finalista noutras tres categorías: mellor festival de pequeno formato, mellor escenario e mellor estratexia de comunicación e marketing.
Ademais, o pasado mes de xaneiro, o Observatorio de la Cultura da Fundación Contemporánea sinalou o Festival Sinsal, no seu informe ‘Lo mejor de la cultura 2023’, como a segunda iniciativa cultural mellor valorada polos profesionais do sector en Galicia; situándose como a proposta musical máis destacada do país por segundo ano consecutivo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES