sábado, mayo 18, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTomiño fai unha nova entrega de árbores para encher os montes de...

Tomiño fai unha nova entrega de árbores para encher os montes de vida autóctona

O Concello segue traballando para facer de Tomiño un municipio máis verde e sustentable. Tras a grande acollida de anos anteriores, o Goberno municipal pon en marcha a terceira edición de ‘Enche o teu monte de vida autóctona’, unha campaña a través da que se entregará planta forestal frondosa e autóctona á veciñanza para contribuír a repoboar as 900 hectáreas das franxas secundarias de xestión da biomasa, é dicir, aquelas parcelas que se atopan dentro dos 50 metros dende o límite de solo do núcleo ou ata 50 metros dende unha casa illada.

Escoitamos a Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente de Tomiño:

Nesta ocasión repartiranse 1.800 árbores que se sumarán aos máis de 2.600 exemplares como cerdeiras, nogueiras, érbedos, castiñeiros, carballos, sobreiras, aciñeiras e bidueiros entregados durante as dúas primeiras edicións desta campaña.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES