miércoles, mayo 15, 2024
InicioNewsActualidadeUn operativo medioambiental de máis de 200 profesionais traballa na retirada dos...

Un operativo medioambiental de máis de 200 profesionais traballa na retirada dos pellets das praias

A Xunta mantén un operativo medioambiental integrado por máis de 200 persoas nas praias galegas co fin de retirar coa maior axilidade posible os restos de pellets plásticos procedentes de Portugal que están a chegar ao litoral nas últimas xornadas.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, desprazouse a Ribeira para supervisar o dispositivo humano despregado en Sálvora para a vixilancia e retirada dos restos “testemuñais” deste material que se detectaron na illa, aínda que, finalmente e debido ás malas condicións do mar, non foi posible desembarcar. Alí, avanzou que as análises encargadas pola Xunta a semana pasada para coñecer con exactitude a composición do material que está a chegar á costa, tanto en sacos como en forma de restos dispersos, constatan que se trata de polietileno, un dos plásticos de uso máis común. Así, explicou que as primeiras conclusións do informe do centro especializado Cetim sobre a composición do produto apuntan a que non é perigoso pero insiste na urxencia de que o Goberno central facilite a ficha técnica do produto que transportaba o mercante Toconao nun dos contedores que caeu ao mar mentres navegaba por augas portuguesas.

Pola súa banda, a vicepresidenta terceira e Ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, considera un «erro» a negativa da Xunta de Galicia a aceptar a colaboración ofrecida polo Goberno central ante a vertedura de pellets fronte ás costas de Portugal que chegaron ao litoral galego. Ángeles Vázquez incidiu en que “todas as administracións” deben facer “o esforzo necesario para realizar a recollida organizada, consensuada e con sentidiño” dos restos que chegan á costa, lembrando, ademais, que no caso de espazos naturais protexidos e zonas Rede Natura se deben solicitar os correspondentes permisos aos departamentos autonómicos competentes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES