O coordinador da campaña electoral do BNG, Rubén Cela, anuncia a campaña máis intensa da historia do BNG para obter o “mellor resultado do BNG”. Nunha entrevista en SI RADIO Cela aborda a data elexida polo PP para celebrar as eleccións, valora os datos das enquisas e tamén a necesidade de que haxa o maior número de debates públicos para que as galegas e galegos coñezan aos candidatos “sen filtros”.
Pontón participará en todos os debates en radio e televisión concretados ata agora e o BNG propón un cara a cara entre Rueda e Pontón, a maiores, na TVG.
Rubén Cela:

