martes, octubre 15, 2024
InicioNewsO PaísCortada a liña de tren de Ferrol a Oviedo pola caída dunha...

Cortada a liña de tren de Ferrol a Oviedo pola caída dunha árbore

Xaneiro comeza con temporal. A borrasca que mantén en aviso laranxa por temporal na costa galega xa deixou fortes ventos no litoral e tamén no interior da comunidade, onde se rexistrou o refacho máximo das últimas horas co 136 km/h captados no municipio lucense de Muras, en plena Serra do Xistral.

No norte da provincia de Lugo, precisamente, rexistrouse a incidencia máis grave ata o momento, xa que a liña ferroviaria de ancho métrico Ferrol-Oviedo está interrompida entre Ortigueira e Viveiro pola caída dunha árbore sobre a infraestrutura, informa ADIF. Un tren de pasaxeiros que cubría este roteiro chocou pouco despois das 12:00 contra a árbore no Vicedo, pero sen causar danos persoais a pesar de que a bordo viaxaban oito pasaxeiros e o maquinista.

Rexistros de vento Ao longo da madrugada e durante as primeiras horas do segundo día do ano 2024, o vento pasou o limiar do 100 km/h en varios puntos da xeografía galega, segundo recollen os datos de Meteogalicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS