lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsSucesosDetida a banda que roubou 140.000 euros en bancos en Pazos de...

Detida a banda que roubou 140.000 euros en bancos en Pazos de Borbén e Vilaboa

A Garda Civil detivo a 4persoas como presuntos responsables de dous atracos en senllos bancos de Pazos de Borbén e Vilaboa, asaltos nos que levaron máis de 140.000 euros.

A operación Palomín, levada a cabo polo grupo de delitos contra o patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda civil de Pontevedra, iniciouse a finais de outubro, tras un atraco nunha sucursal bancaria en Pazos de Borbén.

Dous homes aproveitaron a saída dunha clienta para acceder á sucursal, e unha vez no seu interior maniataron con bridas aos clientes que chegaban e encerráronos no cuarto de baño, xunto cos dous empregados da entidade.

O 9 de novembro produciuse un segundo atraco noutra sucursal de Vilaboa, igualmente cometido por dous homes armados con dúas armas curtas e cun modus operandi similar.

A investigación centrouse en dous homes sobre quen había pendentes ordes de detención e ingreso en prisión, ademais dunha muller que exercía labores de vixilancia e acompañamento no exterior.

Un destes atracadores e a muller estaban a ser investigados pola Policía Nacional de Vilagarcia de Arousa por outros delitos, polo que se compartiu información da investigación, o que facilitou a localización dun dos autores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS