viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta asumirá as cotas dos novos autónomos durante un ano

A Xunta asumirá as cotas dos novos autónomos durante un ano

Novo anuncio ligado aos Orzamentos 2024 da Xunta. O presidente galego, Alfonso Rueda, anunciou este luns unha «cota cero» para as persoas emprendedoras coa subvención, por parte da Administración galega, das cotas de autónomo durante o primeiro ano de actividade, o que ascende a uns 960 euros.

Estas contías para os autónomos súmanse os arredor de 7.500 euros en axudas para gastos de inicio de actividade, polo que en 2024 cada autónomo que emprenda contará con ata uns 8.500 euros de axuda.

Estas partidas están incluídas no proxecto de orzamentos da Xunta que acaba de iniciar a súa tramitación parlamentaria e que estará en vigor en 2024 e responde, en palabras de Rueda, ao resultado de «escoitar» os autónomos.

É unha medida incluída no programa de axudas para apoiar o inicio de actividade e conta en reserva con 9,6 millóns de euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES