martes, abril 30, 2024
InicioNewsA Garda Civil investiga en Sanxenxo a unha nai por falsificar as...

A Garda Civil investiga en Sanxenxo a unha nai por falsificar as notas do fillo

A Garda Civil investiga a unha persoa como suposta autora dun delito de falsidade documental. A muller investigada falsificou un boletín de notas do seu fillo, segundo apuntan fontes do caso.

Deste xeito, o día 16 deste mes, a Área de Investigación da Garda Civil de Sanxenxo investiga a unha veciña do municipio como presunta autora dun delito de falsidade documental. A muller ten 50 anos.

As autoridades iniciaron a investigación logo dunha denuncia presentada por un profesor de Instituto de Educación Secudnaria «tras comprobar que se falsificara a súa firma no boletín de notas dun alumno, que cursara segundo de bacharelato no centro educativo».

A muller falsificou o boletín de notas correspondente ao seu fillo coa finaliade de presentalo para a conesión dunha beca e adminisión nunha universidade de Estados Unidos.

As dilixencias foton entregadas ao xuzgado de CAmbados, onde deberá acudir a investigada.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES