sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísBesteiro presenta 3.000 avais para ser o candidado socialista á Xunta

Besteiro presenta 3.000 avais para ser o candidado socialista á Xunta

O deputado socialista por Lugo no Congreso e precandidato ás primarias do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este mércores os seus avais para ser o candidato socialista á presidencia da Xunta. Aportou máis de 3.000 firmas, cando con 615 terían sido suficientes.

Horas antes de que finalice o prazo para ser candidato as primarias do PSdeG, agradeceu o apoio das persoas que o avalaron. Cando presentou as súas firmas, o militante coruñés Manuel Losada aínda non o fixera a pesar de amosar a súa intención inicialmente por competir tamén por ser candidato. Quen se retirou xa hai días foi o exsecretario xeral dos socialistas galegos Gonzalo Caballero.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES