sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Garda Civil detén a dous mozos da Guarda e investiga a...

A Garda Civil detén a dous mozos da Guarda e investiga a un terceiro por roubos no municipio

A Garda Civil de Pontevedra detén a dous mozos e investiga a un terceiro por atracar unha xoiería e un comercio na Guarda. Os feitos remóntase ao pasado 12 de maio cando na localidade tres mozos coa cara tapada con máscara e armados cunha pistola atracan un supermercado. Con todo, non levaron a recadación «polo temple das empregadas», segundo explican fontes policiais.

Catro días despois, o 16 de maio, xa no horario de peche, novamente intentaron un roubo nunha xoiería. Non levaron tampouco os cartos porque o propietario do establecemento activou o sistema de alarma.

Así, iníciase a investigación denominada Dialva, dirixida polo grupo de patrimonio da Unidad Orgánica da Policía xudicial da Garda Civil de Pontevedra e o grupo EBIO de Tui. Logo de diferentes xestións, a finais do mes de xuño, os efectivos deteñen a un veciño da Guarda de 25 anos «con multitude de antecedentes policiais». No rexistro que levaron a cabo na súa habitación do estabelcemento onde estaba aloxado en Marín, atoparon unha das prendas que empregou para ocultar o rostro nun dos atracos. Está en liberdade con cargos e posterior remisión do expediente xudicial ao xuzgado competente do partido xudicial de Tui. O obxetivo é «continuar coa súa instrucción e preparación do futuro xuizo», aseveran dende a Garda Civil.

Días despois, no municipio da Guarda, os efectivos investigan a un mozo de 26 anos. Recuperan na súa casa a arma curta e a roupa que empregou nos atracos que escondía na súa habitaicón. Declarou no cuartel da Garda Civil do municipio e será citado novamento no xuzgado de Tui.

A terceira persoa é do Rosal, ten 19 anos e atopabase en paradero descoñecido. A Garda Civil informa que tiña en vigor unha orde policial para a súa detención e estaba fuxido dun centro de menores. Localizouse o día 9 de outubro no Rosal. Alí, detivoo a Garda Civil e o xuiz decretou o seu ingreso en prisión.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES