domingo, mayo 19, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoUn incendio no porto deportivo de Moaña calcina un restaurante e dous...

Un incendio no porto deportivo de Moaña calcina un restaurante e dous turismos

O restaurante sobre a auga no porto deportivo de Moaña terá que ser reconstruído por completo ao quedar totalmente calcinado tras o incendio orixinado este venres ao redor das 2.00 horas.

Non houbo danos persoais pero si resultaron afectados dous turismos e algunhas embarcacións.

Os bombeiros que acudiron a sofocar o lume mobilizados polo 112 acudiron desde o parque comarcal do Porriño, a máis de 40 minutos de distancia, xa que o parque comarcal do Morrazo, en Bueu, e a 6 minutos de distancia, estaba pechado.

Os bombeiros do Consorcio Provincial de Bombeiros continúan en folga para pedir, especialmente, máis persoal e mellores condicións. Pero a folga limítase a non facer horas extra. Ao non haber un mínimo de 3 bombeiros por quenda por parque, o consorcio centraliza os efectivos no do Porriño, e iso foi o que pasou esta pasada madrugada. O parque do Morrazo leva 52 días pechado desde o verán.

Explicacións do delegado sindical do consorcio de bombeiros, Adrián Pena:

Entrevista a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES