lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta rebaixará o imposto de venda aos coches de segunda man

A Xunta rebaixará o imposto de venda aos coches de segunda man

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou este martes en Nigrán unha rebaixa no imposto de transmisión de vehículos usados do 8 % ao 3 % a partir do próximo 1 de xaneiro de 2024, que pasará a ser incluso do 0 % no caso dos vehículos eléctricos e híbridos enchufables.

“Galicia convértese na comunidade autónoma co imposto máis baixo en transmisión de vehículos”, dixo Rueda durante unha visita a un concesionario, onde estivo acompañado do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.

Aínda que se contemplan unha serie de excepcións para algúns vehículos cunha idade determinada, “falamos de polo menos 60.000 transaccións” as que se verán beneficiadas cada ano con esta rebaixa fiscal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES