jueves, mayo 16, 2024
InicioNewsSucesosUn informe sinala a velocidade como causa do accidente do bus de...

Un informe sinala a velocidade como causa do accidente do bus de Cerdedo

O exceso de velocidade foi o principal causante do accidente de autobús rexistrado en Cerdedo-Cotobade a Noiteboa de 2022 noque faleceron 7persoas ao sufrir unha saída de vía e precipitarse ao río Lérez desde o viaduto de Pedre, na nacional N-541. Así o sinala o informe da investigación da Garda Civil.

Comunicouno o delegado do Goberno, Pedro Blanco, este xoves, quen sinalou que o informe elaborado polos especialistas do Equipo de Reconstrución de Accidentes de Tráfico (ERAT) xa foi entregado ao Xulgado número 1 de Pontevedra, encargado da investigación do tráxico sinistro no que morreron sete pasaxeiros e só houbo dous sobreviventes, o condutor e outra viaxeira.

O accidente mortal produciuse na noite do 24 de decembro, cando, nunha xornada de intensas precipitacións en toda Galicia, o autobús que cubría a liña Lugo-Vigo caeu ao río Lérez desde unha altura de 29 metros tras saír da vía na ponte de Pedre, onde, nove meses despois, aínda pode verse a desfeita causada polo vehículo na varanda do viaduto.

Días despois, un equipo especializado da Garda Civil desprazouse a Cerdedo-Cotobade desde Madrid para analizar sobre o terreo a zona do sinistro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES