sábado, abril 27, 2024
InicioNewsBaiona honrará os mariños Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego y...

Baiona honrará os mariños Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego y Vasquito

- O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, encabezada por Policarpo Vilar Misa, está inmerso nos preparativos do acto de homenaxe a "Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego e Vasquito (fillo de Vasco Gallego)"

Desde o departamento municipal queren honrar con este acto aos mariñeiros de Baiona que navegaron con Magallanes e ElCano no 501º Aniversario da Primeira Circunnavegación á terra. Para iso, organizáronse toda unha serie de actividades que poñan en valor as azañas de navegación levadas a cabo por estes mariñeiros baioneses.

Os actos centrais do acto de homenaxe terán lugar este domingo, 10 de setembro, ás 20:00h na confluencia das Rúas Vasco Gallego e Diego Carmona, onde se descubrirá unha placa conmemorativa en recordo destes catro mariñeiros de Baiona. A continuación, arredor das 20:15h, a Igrexa de Santa María de Baiona acollerá o concerto «Pangea» de Abraham Cupeiro.

Hai uns 200 millóns de anos no noso planeta existiu un único e xigantesco continente: PANGEA. Este comezou a separarse co paso do tempo, dando lugar aos diferentes continentes actuais tal e como os coñecemos: O viaxe que desde o Concello de Baiona se propón con este concerto é a unión mediante a música das diferentes partes do planeta.

Durante o concerto soarán desde a austral Oceanía cos ecos das súas caracolas ata as misteriosas montañas chinesas que o son do Hulusi debuxa coas súas melismáticas melodías: Grandes chairas de Norteamérica, selvas como as de Sudamérica, a frauta Peule de Senegal, a Gaita Búlgara, a desafiante Zurna e as milleiras de cornetas de pastor, coserán o vestido que unirá unha vez máis á nosa terra. PANGEA é un canto á diversidade cultural do noso planeta.

Estreada en 2018, foi gravada coa Royal Philharmonic de Londres nos estudios Abbey Road baixo o selo de Warner Classics.

Os actos comezarán o venres 8 de setembro, nos xardíns da Casa da Navegación de Baiona acollerá unha conferencia baixo o título «Unha odisea a lembrar, un mundo a explorar e unha poboación a esquecer: Encontros e desencontros no primeiro viaxe a América». A profesora titular do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Begoña Fernández Rodríguez, será a encargada de ofrecer esta interesante conferencia.

O sábado día 9 de setembro, no mesmo emprazamento e á mesma hora, o Doctor en Historia Moderna e escritor José Calvo Poyato, conversará sobre «A primeira volta ao mundo de Juan Sebastián Elcano e as súas relacións con Galicia». No caso de choiva, as conferencias trasladaranse ao Monte Real Club de Yates de Baiona.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, sinalou que «Dende o Concello de Baiona queremos aproveitar esta efeméride para poñer en valor as xestas de navegación destes mariñeiros veciños da nosa vila que forman parte da historia universal. Unhas azañas de homes de mar que grazas a estes mariñeiros, aínda que non o souperan, deron inicio baixo os auspicios da coroa de España á primeira globalización da historia».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES