sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Concello da Guarda sobre a conservación dos elementos públicos ante actos...

O Concello da Guarda sobre a conservación dos elementos públicos ante actos de vandalismo

«Tras un domingo do Monte de troula e xuntanza, queremos facer unha pequena reflexión sobre diferentes actos que tiveron lugar durante a noite deste domingo e que están totalmente fóra do que realmente significa a nosa festa grande».

«Todos somos conscientes de que durante os días das festas prodúcese unha gran concentración de xente na nosa vila, implicando un enorme esforzo por parte dos traballadores e traballadoras municipais en materia de limpeza, orde público e mantemento, de maneira que as nosas rúas luzan da mellor maneira durante estes días tan especiais para todas e todos nós. Sen embargo e desgraciadamente, as accións duns poucos van máis alá, producindo danos de consideración no mobiliario urbano, fornecementos e incluso vehículos municipais. É preciso recordar que, as accións de vandalismo, ademais das posibles consecuencias legais que poidan derivarse das mesmas, implican unha dedicación de recursos públicos, tanto humanos coma económicos, para a recuperación do mobiliario ou os equipamentos vandalizados, que se deixan de dedicar á mellora ou conservación doutros elementos».

«A sociedade guardesa somos unha sociedade pacífica e respectuosa e non debemos tolerar que uns poucos provoquen este tipo de danos e desperfectos, difundindo unha imaxe da nosa vila como un lugar sen orde e sen lei»

«A Guarda é a nosa casa e así debemos coidala, erradicando das nosas rúas comportamentos incívicos e vandálicos, ben sexan o domingo do monte ou calquera outro día do ano; porque o coidado e o respecto do que é noso é fundamental para que A Guarda sexa sempre un lugar admirado por nós, como guardesas e guardeses, así como por todos aqueles que nos visitan».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES