viernes, mayo 10, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Rilla na Rúa enche Nigrán de foodtrucks e actividades durante toda...

O Rilla na Rúa enche Nigrán de foodtrucks e actividades durante toda a ponte

- Do 21 ao 25 de xullo, no Paseo da Ramallosa, o público poderá gozar de gastronomía, concertos, artesanía, actividades infantís ou Dj´s

As foodtrucks do Rilla na Rúa volven aparcar un ano máis en Nigrán con propostas grastronómicas variadas e un programa cargado de actividades para toda a familia. Do 21 ao 25 de xullo, no Paseo dá Ramallosa, o público poderá gozar de concertos, mercado de artesanía, actividades infantís ou Dj´s.

Este venres, inaugúrase xa o recinto ás 12:00h. coa apertura das foodtrucks e os markets. Ás 18:00h. haberá actividades infantís (carreiras de sacos, pintacaras, xogos tradicionais…) e, a partir das 22:00h., o público poderá gozar do concerto de “Dos en punto” e dun Dj.

O sábado, a partir das 12:00h., as actividades infantís combinaranse cunha sesión de “vermuteo” e o concerto de Mr. Magoo, ás 22:00h. A xornada finalizará cunha sesión DJ.

O domingo, ademais de gastronomía para todos os gustos e tendencias, haberá actividades para toda a familia durante todo o día que se pechará co concerto de “A banda senlleira de robacaballos” e un DJ.

O luns, véspera de festivo, ademais das actividades diarias, a xornada finalizará co concerto de “Dalsi” e sesión Dj.

E para rematar esta edición do Rilla na Rúa, o martes, Día de Galicia, as 14 foodtrucks seguirán ofrecendo as súas propostas gastro ata que finalice o concerto de Jacobo Sanz, ás 22:00h., e a sesión DJ.

O Rilla na Rúa está organizado pola empresa promotora de eventos Elemental Street, co patrocinio do Concello de Nigrán, Mahou, Fontecelta e Platú e a colaboración de Recados Carmen.

O escenario “Season Fest”

O festival “Season Fest” únese ao Rilla na Rúa de Nigrán patrocinando o escenario polo que pasarán bandas emerxentes, fieis á súa aposta por empuxar a novos creadores.

Este festival, un dos máis potentes do verán galego, celebrarase este ano en Gondomar entre o 21 e 24 de setembro e ten confirmados xa os concertos de Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, Capicúa e máis dunha ducia de grupos emerxentes do panorama indie nacional.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES