lunes, mayo 20, 2024
InicioA terraMedio AmbienteA Xunta premia aos municipios que máis reciclaron con respecto a 2022

A Xunta premia aos municipios que máis reciclaron con respecto a 2022

- A Xunta felicita ás 7 entidades locais gañadoras de "Únete ao reto" polo esforzo da súa veciñanza para incrementar a reciclaxe de plásticos, latas e briks

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, acompañada por responsables de Ecoembes, felicitou hoxe aos concellos que lograron o obxectivo de incrementar a reciclaxe de plásticos, latas e briks nos seus respectivos municipios con respecto a 2022, no marco da campaña Únete ao reto.


Na cuarta edición desta iniciativa, impulsada por Ecoembes co apoio da Xunta, recompensouse o esforzo realizado polas 7 entidades locais —Melide, Arzúa, Mos, Salvaterra de Miño, Silleda, Nigrán e a Mancomunidade da Limia— que participaron na iniciativa entre os meses de abril e xuño co obxectivo de mellorar as cifras de recollida selectiva destes residuos. En total, repartíronse 9.000 € en premios, e os concellos deberán destinar a contía que lle corresponde a unha causa social da súa elección.


Concretamente, as 7 entidades recoñecidas incrementaron as súas cifras de recollida nun
13,2% de media con respecto ao mesmo período do ano anterior, isto é, entre o 3 de abril
e o 30 de xuño. Silleda foi o concello que mellores números acadou, razón pola que se
elixiu o mosteiro de Carboeiro, situado neste municipio, como lugar para realizar a entrega
de premios. No seu caso, a porcentaxe foi de case un 27%.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES