sábado, mayo 11, 2024
InicioNovas CorporacionsCampañaFeijóo enche a plaza de touros de Pontevedra

Feijóo enche a plaza de touros de Pontevedra

- Alfonso Rueda: “Galicia vai ser un piar fundamental na vitoria de Alberto Núñez Feijóo”

O presidente do PPdeG amosouse convencido de que “Galicia vai ser un piar
fundamental na victoria de Alberto Núñez Feijóo” o próximo 23 de xullo e,
dirixíndose directamente ao presidente nacional, asegurou : “En 2009 chegou o
momento por primeira vez e agora, no 2023, é o teu momento”.

“Para facer algo tan grande, hai que ser un partido moi grande”, remarcou ante
unha audiencia de 12.000 persoas chegadas de toda Galicia: “A xente sempre
espera moito máis de nós que doutros partidos e é unha responsabilidade que
cumprimos con gusto, respondendo”.

Rueda definiu a Praza de Touros pontevedresa como o gran símbolo das
vitorias do PP: “Aquí empezou todo en 2009, o ano do cambio. E os seguintes
foron os anos da confirmación”.

“É o momento de exportar o noso sentidiño ao resto de España, de facer
política á galega e de dicir basta a cinco anos de desprezo a Galicia por parte
de quen se cre que, castigando aos galegos, castiga a Feijóo”, remarcou.

“Que Feijóo o fixese tan ben cando estaba aquí é a mellor garantía de que
volverá facelo ben dentro de dúas semanas, cando a partir do 23 de xullo sexa
presidente do Goberno de España”, explicou.

Rueda pediu a Feijóo que sexa “un presidente xusto co que nos corresponde” e
“consciente de todo o que se nos está a negar”, citando acto seguido o atraso
na xestión dos fondos europeos, os incumprimentos dos prazos na reparación
do viaduto da A-6 e na chegada dos trens Avril ou a falta de aposta polo
Corredor Atlántico.

Detívose especialmente nos “disparatados” ataques do Goberno central á nova
Lei do litoral de Galicia equiparándoa a unha declaración de independencia:
“Non imos permitir que nos dean leccións eles e os seus socios cando o único
que queremos é xestionar o noso litoral, que as industrias poidan seguir
xerando riqueza, que a xente poida seguir vivindo onde viviu sempre e, ao
mesmo tempo, respectar o medio ambiente”.

“Despois de cinco anos de sanchismo, é o momento de quen nos coñece, de
quen nos quere, de quen nos aprecia e de quen se vai deixar a pel por Galicia.
É o momento de Alberto Núñez Feijóo”, concluíu.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES