sábado, mayo 11, 2024
InicioNovas CorporacionsCampañaAna Pastor sinala en Ponteareas que "é urxente e necesario implementar medidas...

Ana Pastor sinala en Ponteareas que «é urxente e necesario implementar medidas para loitar contra a inflación e o empobrecemento das familias»

- Os populares propoñen a baixada inmediata do IVE da carne, do pescado e das conservas para aliviar a carga que supón a inflación nos petos das familias

A número 1 do Partido Popular de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, denunciou hoxe que as familias son máis pobres desde que goberna Pedro Sánchez. “A deriva do sanchismo lévanos a unha situación complicada, porque hoxe somos máis pobres que hai cinco anos. Temos menos poder adquisitivo, e unha compra que antes custaba 50 euros, hoxe nos vale case o dobre”, sinalou a candidata durante a visita que fixo esta mañá a Ponteareas, onde percorreu as rúas do centro acompañada pola alcaldesa Nava Castro e os candidatos ao
Senado, Nidia Arévalo e Andrés Sampedro.


Nesta liña, subliñou que unha das primeiras medidas que tomará o Goberno de Núñez Feijóo para recuperar o poder adquisitivo perdido polas familias será deflactar o IRPF, baixar o IVA das carnes, pescados e conservas, e recuperar temporalmente a dedución por adquisición ou rehabilitación de vivenda.


Por iso, pediu o voto “a todas as persoas que queren que as cousas cambien, que creen que chegou o momento de ter tranquilidade, de deixar atrás os enfrontamentos e sobre todo, que queren políticas que cheguen a todos os territorios e cidadáns”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES