miércoles, mayo 1, 2024
InicioEmpresaFacendo PaísVía Textil acelera o éxito das empresas galegas do deseño de moda

Vía Textil acelera o éxito das empresas galegas do deseño de moda

O programa «Conversas nas ondas», presentado por Eva Míguez, achéganos a Vía Textil, a aceleradora para o sector da Zona Franca de Vigo.

O sector téxtil galego enfróntase na actualidade, e probablemente nos próximos anos, a dúas grandes ameazas, a crise económica e os cambios nos hábitos de consumo, polo que as empresas pertencentes a este sector deben prepararse.

Vía Textil é unha aceleradora de innovación para o sector téxtil galego. Foi deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito no proceso de innovación das empresas galegas neste sector. O seu obxectivo é o asesoramento ás empresas para que poidan adaptarse ás novas tecnoloxías e adoptar ferramentas que lle permitan afrontar os cambios con éxito.

Neste programa, realizado en colaboración co CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO imos coñecer de preto como funciona esta iniciativa coñecendo experiencias reais.

«Conversas nas ondas» emítese por www.siradio.gal, polas emisoras de F.M. que xestiona SI RADIO (Star Iberica advertising) 97.0 Arbo (Provincia de Pontevedra) 93.4 Quiroga (Provincia de Lugo), as emisoras de INICIATIVA GALEGA DE COMUNICACIÓN nas provincias de A Coruña, Lugo e Ourense e emisoras asociadas na provincia de Pontevedra e Lugo.

PARA ESCOITAR O PROGRAMA PREMA NO REPRODUCTOR

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES