martes, mayo 21, 2024
InicioNewsComarcasPistoletazo de saída a Porrigalia

Pistoletazo de saída a Porrigalia

Uns 200 escolares do Porriño participaron dunha nova edición de Pre-Porrigalia, antesala de Porrigalia 23, que este ano se celebrará os días 7, 8 e 9 de xullo

Foi no pavillón municipal onde se celebrou esta segunda edición de Pre-Porrigalia. O alumnado, de 2º e 3º de Primaria de sete centros educativos do Porriño, desfrutou do espectáculo de animación “A Bailar”, da compañía Animar-T, unha festa interactiva con cancións en directo, xogos, divertidos bailes, un monicreque xigante, maxia, bonecos, explosións de confeti, batalla de globos e moitas máis actividades que fixeron as delicias da cativada.

Desta maneira, deron o disparo de saída á troula das civilizacións que este ano anegará de novo o Porriño e fixérono acompañados do seus mestres e do alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Educación e Cultura, Carolina González e Bienvenido Estévez, respectivamente. O rexedor convidou aos nenos e nenas a “disfrazarvos todos este ano e desfrutar a tope dunha festa da que sodes moi protagonistas e que está pensada por e para vós”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES